Despois dunha longa serie de partidas onde as personaxes xa son case de nivel 7, a campaña de Midnight está chegando a un dos seus posibles "fins de tempada".
O xogo destaca por dúas cousas: conseguir que (máis ou menos) me guste o D20 e transformar en verdadeiros heroes a personaxes de nivel baixo. O Clube en xeral supoño que pensa un pouco o mesmo do sistema.
A campaña enmarcábase no momento do rexurdimento de Izrador, e foi ao longo da guerra contra el onde os Pjs se estiveron movendo. Partindo de personaxes sinxelos (agás o náufrago, que xa recuperou grande parte da memoria) chegamos a heroes feitos e dereitos que se enfrontan a grandes inimigos e son quen de saír victoriosos. Pero hai un inimigo ao cal todos odian: Gregor Chander. Serán quen de rematar con el?
Xa informaremos de como foi pormenorizadamente a campaña e de como remata.
Por outra banda, non se reseñou dende eiquí a mini-campaña de Esoterroristas que levamos a cabo Tona, Javi, Patrick e Cheti ao longo do primeiro trimestre do 2009.
Esoterroristas é un xogo moi sinxelo baseado no sistema GUMSHOE de Robin D. Laws. No mundo de E
soterroristas (que é basicamente o noso) hai unha facción (que non organización) que se adica a espalla-la crenza no mundo oculto, invocando seres monstruosos ca fin de fende-lo veo de descreimento que arrodea á vida moderna: os Esoterroristas. Para protexernos de tan viles individuos está a Ordo Veritatis, axencia que investiga tales fenómenos e loita para impedir que esa barreira decaia e nos vexamos invadidos pola Escuridade. Os protagonistas son membros da Ordo.
A campaña estivo moi ben, cun trasfondo en Londres onde diversos crimes no metro da cidade fan buscar polos escuros túneis a unha criatura capaz de conceder calquer desexo: un Ovvashi. Despois de intensas sesións de búsqueda deductiva, rompe-los miolos e xuntar pezas de puzles, o Ovvashi foi descuberto e eliminado xunto co seu culto.
O xogo céntrase principalmente na investigación, na acumulación de probas que, ben interpretadas, guiarán na dirección axeitada. O sistema de xogo merece un 10.
Outro día, máis.
O xogo destaca por dúas cousas: conseguir que (máis ou menos) me guste o D20 e transformar en verdadeiros heroes a personaxes de nivel baixo. O Clube en xeral supoño que pensa un pouco o mesmo do sistema.
A campaña enmarcábase no momento do rexurdimento de Izrador, e foi ao longo da guerra contra el onde os Pjs se estiveron movendo. Partindo de personaxes sinxelos (agás o náufrago, que xa recuperou grande parte da memoria) chegamos a heroes feitos e dereitos que se enfrontan a grandes inimigos e son quen de saír victoriosos. Pero hai un inimigo ao cal todos odian: Gregor Chander. Serán quen de rematar con el?
Xa informaremos de como foi pormenorizadamente a campaña e de como remata.
Por outra banda, non se reseñou dende eiquí a mini-campaña de Esoterroristas que levamos a cabo Tona, Javi, Patrick e Cheti ao longo do primeiro trimestre do 2009.
Esoterroristas é un xogo moi sinxelo baseado no sistema GUMSHOE de Robin D. Laws. No mundo de E
soterroristas (que é basicamente o noso) hai unha facción (que non organización) que se adica a espalla-la crenza no mundo oculto, invocando seres monstruosos ca fin de fende-lo veo de descreimento que arrodea á vida moderna: os Esoterroristas. Para protexernos de tan viles individuos está a Ordo Veritatis, axencia que investiga tales fenómenos e loita para impedir que esa barreira decaia e nos vexamos invadidos pola Escuridade. Os protagonistas son membros da Ordo.A campaña estivo moi ben, cun trasfondo en Londres onde diversos crimes no metro da cidade fan buscar polos escuros túneis a unha criatura capaz de conceder calquer desexo: un Ovvashi. Despois de intensas sesións de búsqueda deductiva, rompe-los miolos e xuntar pezas de puzles, o Ovvashi foi descuberto e eliminado xunto co seu culto.
O xogo céntrase principalmente na investigación, na acumulación de probas que, ben interpretadas, guiarán na dirección axeitada. O sistema de xogo merece un 10.
Outro día, máis.