31 de dez. de 2008

Che e Pablo de volta de Barcelona

Para ledicia do Clube comentar neste derradeiro día do ano que a tropa de aslato enviada a Barcelona se fixo cunha primeira edición en castelán de Traveller na súa caixa orixinal, dados variados e as Pantallas en inglés de Battlestar Galactica.
Para Patrick comentar que tamén nos fixemos co número 7 de Los Muertos Vivientes.

Sen máis que contar, o Clube de Té expresa os seus mellores desexos para o 2009 a todos os seus membros e ás familias e amigos dos mesmos. Agardamos non decepcionalos nos vindeiros xoves do 2009.

Un afectuoso saúdo.

12 de dez. de 2008

De taboleiro tamén se vive

Onte o clube tivo varios contratempos: O Mosqueteiro non puido vir, Che estaba pachucha das costas e Tona acababa de chegar da Terra Media.
En troques de xogar estivemos un bo rato falando da súa viaxe a Nova Celandia (tróuxonos como presentes auga e unha pedriña do Anduin e herba de Edoras: impresionante!).

Logo, ao ver que faltaba xente para a partida, decidimos botar algo a taboleiro. Pensamos no Arkham Horror, que Tona e Javi aínda non probaran, pero Patrick fixo a petición do día, aceptada por todos: Heroquest.
Xogamos as dúas primeiras partidas que trae o manual básico: A Proba e O Rescate de Sir Ragnar, con Tona como Maga, Javi como Elfo e Patrick como Bárbaro. A verdade, foron unha risas.
A todos gustoulle o xogo, e non é para menos.

9 de dez. de 2008

O Reino do Norte (II)

Xa con varias sesións ás costas podo dicir que o sistema de TRoS é boísimo. Pero non para 5 xogadores a un tempo.
A campaña do Reino do Norte está sendo divertida por tempos, lenta por outros e, penso, ben estruturada.
Os protagonistas están buscando liberar ao pobo de Pazo de Rei do seu corrupto alcalde. Loitando contra o clan de asasinos e ladróns dos Arañas e seguindo o trazo do Martelazo de Thor (un meteorito caído perto das Montañas do Eixo, ao leste) acaban de liberar un campo de concentración onde os Arañas (e os Merino, familia que goberna Pazo de Rei) tiñan a prisioneiros políticos ou posibles sucesores do rei Elfdar. Nesta liberación quedou patente que o arco da dríada Tebe tivo moito que dicir. Cómpre sinalar que un arqueiro en TRoS é a cousa máis letal que hai: un lugar seguro dende onde disparar o arco e cinco ou seis frechas cravadas no chan ao alcance da man poden resultar máis mortíferos que unha hacha danesa.

A trama avanza e o sistema vai aguantado o tirón, pero queda patente que nun grupo máis reducido (partidas de dous ou mesmo un xogador) sería xenial. Xa vamos tendo soltura á hora de establecer gardas, manobras ofensivas e defensivas, fintas e demais, pero segue freando moito a acción do xogo. Claro está que é trepidante, neste xogo un golpe ou unha mala defensa poden supoñer a morte automática, como case descubre Tristán no ataque ao campo de concentración, ou Volstag en varias ocasións (claro que o anano inventou a manobra Volstag: atacar con todo e non reservar nada para a defensa... até agora síulle ben, pero xa se lle acabará a sorte). Claro está que en xogos nos que o teu personaxe non é un saco de puntos de vida, coma Runequest ou Rolemaster, tamén é así: podes morrer dun só golpe. Pero en TRoS penso que tes máis control do que fas, non todo se reduce a unha tirada de dados, xa que unha mala tirada cunha boa manobra pode salvar o día.
O xoves veremos como se resolve todo, se por fin conseguen derrocar ao alcalde Merino e dar aos habitantes de Pazo de Rei un sopro de esperanza.

11 de nov. de 2008

A Campaña do Reino do Norte

Xa levamos unhas 5 sesións de xogo a The Riddle of Steel e, a verdade, estou encantado. Pensei que sería máis difícil atraer de novo á Fantasía a certos membros do clube, pero ao final está a ser unha campaña máis ou menos do gusto de todos.
É o que chamariamos moi "low-fantasy", xa que non hai maxia propiamente dita nin armas máxicas como en outros xogos. Nese aspecto ten un ambiente un pouco Tolkieniano, xa que todo o referente á maia é sutil.
A Campaña céntrase nun reino caído chamado o Reino do Norte, que linda ao sur co reino de Citeria e ao este co reino de Ulteria, antes aliados agora con certas hostilidades. Tra-la caída do Imperio Trusio as antigas provincias tiveron que valerse por si mesmas. No Norte mandaban os xenerais e os gobernadores con man de ferro. O pobo sofría, pero tivo que agardar pola chegada dun príncipe do Extremo Norte, un elfo dun lonxano país chamado Elfheim. Cos seus vinte amigos logrou xuntar ao pobo e expulsar aos dictadores trusios. O seu reino foi bo e en paz. E moi longo (disque os elfos viven máis tempo).
Hoxe, vinte anos despois da morte de Elfdar, o Reino do Norte non é máis que un conxunto de cidades-estado (máis ben aldeas-estado). O rei morreu, supostamente, sen fillos. Pazo de Rei, a antiga capital, está gobernada por un burgomestre en apariencia corrupto. A xente vive sen esperanza.
Hai unha lenda que di que antes de morrer Elfdar profetizou que un novo rei viría, e que non sería elfo, senón humano. As estrelas indican que ese momento está perto.

O grupo de xogo, reunido na antiga capital do Reino do Norte, Pazo de Rei, é o seguinte:

Tebe (Che) unha moza letal co seu arco, que provén da fraga de Németon, perto de Pazo de Rei. Pasado misterioso para moza misteriosa. Disque pode ser unha desas dríadas que poboan esa fraga.
Volstag (Patrick), un "anano" que ven do norte, dun lugar chamado Norseland. Mide tan só 1,5m, pero é moi robusto e forte. É un grande ferreiro e busca forxar unha espada de lenda.
Tristán (Mosqueteiro), un espadachín criado por un meste marcial de ropeira que disque era elfo (de Elfheim) e que viñera con Elfdar. Os seus pais cedéronllo a este mestre cando só tiña 5 anos. Agora, morto o seu mestre, volve ao seu pobo natal xunto á súa familia.
Rolando (Javi), un raterillo de Pazo de Rei que se adica ao noble oficio dos mangaligoñas e carteiristas. Busca dominar a hampa local, pero ten máis vontade que posibilidades.
Lanvanius Nível (Tona), Señor das Terras de Nível, perto de Pazo de Rei. De raza élfica, él tamén chegou hai anos dende Elfheim. Antigo conselleiro do rei, agora anda na procura do Herdeiro de Elfdar.

1 de out. de 2008

Vacacións

Non se me queixen, señores e señoras membros do Clube! Xa viron os líos en que estivemos metidos e o pouco tempo que tivemos estes meses (pobre excusa).

En fin, que quedan alomenos 15 episodios de Battlestar Galaica por colgar no blogue e, polo medio, houbo moita tralla.

Dende unha partida homenaxe a Gary Gigax xogada por Bishop, Cheti e Tona (co sistema Ork! menudas risas...) até unha mini-campaña usando as reglas Interlock de Cyberpunk para unha aventura onde o Mosqueteiro era un axente da UAT de Los Angeles trasladado a Miami, Cheti era unha forense da policía de Miami e Bishop un axente da DEA infiltrado nun grupo estrano de traficantes de puros cubanos.
Nesta campaña de dous meses máis ou menos o que puido ser un ataque terrorista a grande escala transformouse nunha invasión alieníxena que resultou ser unha conspiración política do máis humana para transformar aos USA nunha dictadura. Moitos xiros de guión e moita acción (pero vendo que levar personaxes "científicos" pode ser un chisco aburrido).

Mentres remoloneo para colgar os episodios de Galaica que quedan e seguimos traballando nas Pantallas de As Crónicas de Gáidil (Abeiro do Contacontos? Solaina das Lendas?) comezaremos unha pequena campaña ao The Riddle of Steel, un xogo que mercara en Londres hay un par de anos e que estreara con Amra o León e con Eicyrist, pero que non tivera tempo de ver a longo prazo.
A campaña terá lugar nunha pseudo-Europa, con ideas roubadas de Warhammer Fantasía ou da Saga de Geralt de Rivia de Sapkowski. Xa contaremos.

Un saúdo.

8 de jun. de 2008

Patrolstar Galaica: primeira tempada

No blog estamos polo episodio 6 desta primeira tempada de Patrolstar Galaica, pero os do Clube de Té imos xa polo episodio 16. Vagancia do máster e redactor deste blog. Estamos quedando tódolos xoves para xogar (xa a Galaica, xa probando outros rpg coma Falkenstein ou Ork!, xa a xogos de taboleiro ou cartas) e non sempre teño tempo para actualizar esta, para nós, estupenda campaña á que estamos xogando. Prometo redimirme.
Comunicarvos que dende hai un par de semanas cambiamos de sistema de xogo, pasando do sistema sLAng ao sistema oficial Cortex do xogo de rol de BS Galactica. Despois de varias partidas (unhas 15) co sistema Gauss de sLAng vimos que era complexo reflectir o progreso dos protagonistas sen que todo se desmadrara. Así que na viaxe que fixen a Londres con Jan de Delft a pasada Semana Santa merquei no Forbidden Planet o xogo oficial por 22 libras. Investimos unha sesión en trasvasa-los valores dun sistema a outro e no episodio 16º o probamos e vimos que nos gustaba a todos.
En fin, máis e mellor en breve.

So Say We All!

PS: Tamén a campaña da Compostela Oculta rematou o ano pasado, pero non tiven moitas ganas (a verdade) de actualizala.

14 de abr. de 2008

Patrolstar Galaica 1x06

Dice ordeou inmediatamente que os víper se dividiran: a metade cubriría á Leviathan (na que aínda había civiles e persoal de cuberta de Proctor) e a outra metade atacaría.
boomp3.com
Os mísiles zumbaban arredor das dúas naves coloniais, e os dous grupos de víper tiñan o choio acumulado. Iceman, nun movemento pouco afortunado, púxose case de fronte a un deses malditos raiders cylon, e por pouco foi derrubado. Só a pericia de David Webb o salvaría nesta ocasión: "Aquiles" Webb derrubou a dous raiders no seu camiño e ao que tiña copado a Iceman. De tódolos xeitos este non llo agradeceu.
Os raiders que viñan foron aniquilados, e Kalgar estaba xa ordeando a Dice que se lanzara contra a nave base. Foi entón cando o coronel Pireo ordeou deter o ataque. Dice non comprendía: tiñan a unha nave base cylon á súa mercede e non atacaban... por que? Estaba tentando fuxir e nada indicaba que o seu FTL estiveran tan danado como para non saltar... había que aproveitar esa situación para darlle unha lección ás torradoras. Ao parecer Pireo quería estudiala. Dice non acatou a orde e lanzou o ataque total: ordeou a tódolos víper que usaran os mísiles. Webb lanzou os seus, así coma outros compañeiros. Iceman non.

O ataque foi masivo e destructivo. Os poucos raiders que quedaban saltaron, e a nave base tamén saltou, pero en mil anacos. Pireo deu de inmediato a orde de cesar a Dice do seu cargo de CAG. De toda a merda dese día o único salvable foi a labor de Proctor e o seu equipo de cuberta destripando á BSG Leviathán e repoñendo pezas para a Galaica.

Cando volveron todos á Galaica Kalgar conseguira que Pireo non presentase cargos contra Dice. Unha hora despois, na sala de pilotos, presentaban a Seth Klondike "Paris" coma novo CAG. Era incrible. Iceman estaba desquiciado... non tiña nada contra Paris, pero era de outra nave e non era xusto este ascenso. E aínda porriba había que escoitarlle as tonterías que dicía sobre o mando. Aquiles volveu a ter esa sensación de ser o top gun da BSG Troia e que lle falaran coma se fose un neno que ten dificultades para ir en triciclo. Moitos recordos o asulagaron alí sentado, na última fila xunto cunha Dice que respiraba aliviada por deixar o cargo de CAG. Cando Paris deixou de dicir sandeces, Kalgar se achegou a Dice e a Webb, expresándolles a súa inquedanza. Non era normal que alguén de fóra asumise ese cargo. Non estaba dacordo con Pireo. Nin nisto nin noutras cousas ultimamente. Aquiles quería dimitir, pero Kalgar pregóulle máis tempo. Necesitaba apoios e consideraba a Webb un deles.

Horas despois Dice repartía cartas xunto a Peakman, Sarah Klondike e Webb. Dice estaba coma se lle quitasen cen quilos de enriba coa perda do cargo e do rango (volvía a ser tenente). Entrou "Iceman" Kilmer no medio da partida despois dunha dura sesión de adestramento. Iceman queixárase a Kalgar sobre o ascenso de Dice no seu momento, e agora viña de quixarse polo ascenso de Paris. El facíao todo segundo o manual e non estaba vendo resultados. O seu enfado era patente.

Dice non puido evitalo e meteuse con el, sabendo as palabras que poderían ferilo: rango, honor, recoñecemento. Sen poder evitalo Iceman estourou, lanzando puños contra Dice e lanzándoa ao chan. Webb tentou contelo, pero tamén acabou no chan despois de que Iceman fintara o seu agarre e o proxectara contra a mesa de xogo. Dice e Iceman comezaron entón unha sesión de boxeo moi diferente á que tiveran só un par de días antes. Pero esta vez Iceman non deu cuartel e impresionaba a furia, rabia e xenreira que alguén en teoría tan tranquilo podía amosar.

Foi entón cando as luces vermellas se encenderon por todo ao redor: "condición un en toda a nave: isto non é un simulacro"... a voz do tenente Zeldor soaba clara dende a megafonía. Os cylons de novo. A liorta quedou en táboas, e todos os pilotos correron aos tubos. Dice tragou sangue, Webb corría a duras penas e a mandíbula de Iceman facía ruído cando a pechaba, pero agora había outras prioridades.

Non lles deron tempo nin a atacar. Antes de que se puideran achegar de máis, a nave saltou saíndo do alcance dos cylons. Deixaron as naves e volveron a rematar o que empezaran. En pouco máis de media hora estaban de novo chegando á sala de guardia cando de novo sonou a alarma. Correndo outra vez puxéronse en alerta, cubrindo á Galaica cos víper.
A Galaica saltou de novo. Pero tamén de novo, en pouco máis de media hora, os cylons apareceron outra vez. E logo outra. E outra. E outra.

E sempre cada 33 minutos.



PS: Este vídeo vai para o Mosqueteiro ;)



3 de abr. de 2008

Patrolstar Galaica 1x05

Cylons con aspecto humano. Esa posibilidade era terrible de imaxinar.

A Galaica estaba en ruta a Ragnar cando de súpeto saltou o DRaDis: aí fóra había unha nave con transpondedor colonial.
Resultou ser a Battlestar Leviathan, moi danada por múltiples impactos, metida dentro dunha pequena nebulosa, que nin respostaba ás chamadas nin daba mostras de ter enerxía dabondo para se mover.
Dice, Webb e Iceman saíron nos vípers xunto con outros pilotos, entre eles Peakman e Hustler a botar unha ollada. Pireo mandou tamén un para de ráptors con marines para explorar a nave.

Unha vez dentro Dice e Milius (o capitán dos marines) discutiron sobre o plan a seguir: Dice pretendía chegar ao CIC, pero Milius non opinaba o mesmo, e se negou a aceptar as ordes da CAG. Deste xeito dividiron o grupo e os marines foron xunto con Milius e Webb, Iceman, Peakman e Dice foron pola súa conta. Durante toda a exploración da nave non atoparon nin un só cadáver.

Unha vez no CIC, Iceman comezou a analizar os ordenadores tentando atopar algún dato sobre o ocorrido. Namentres, Dice optou por ir ao camarote do comandante na procura do diario de bitácora. Webb iría con ela. Iceman quedou con Peakman no CIC, vendo que os ordenadores tiñan algún tipo de bloqueo interno, e comezou a traballar niso.
Avanzaron por varias cubertas até que o final escoitaron voces dentro dun almacén: eran homes vestidos coma paramilitares. Escoitanto descubriron que estes tres homes estaban a bloquear os ordenadores (un deles tiña un terminal) e que, ao parecer, eran piratas de Tauron. A Webb ardíanlle as veas... Héctor, o seu home-ala, morrera por culpa deles. Deles e de Seth "Paris" Klondike. Dice ordeou disparar e acabaron con eles sen problema.
Iceman obtivo acceso ao ordenador de abordo e comezou a baixar datos, entre os que atopou un sistema de xestión moi interesante, así como información sobre unha terrible batalla entre a Leviathan e unha nave base cylon, que case se resolve coa destrución mutua.
Ao cabo, Dice e Webb chegaron a un mamparo, o mamparo que daba á zona da enfermería, Soporte Vital e a Control de Danos. Era a zona máis segura e valía como bastión se a nave se perdía e era invadida.
Webb e Dice escoitaron ruido tras do mamparo, e petaron nel usando un código militar: "Iso dicimos todos". Do outro lado respostaron, e abriron o mamparo: xente armada, civís na maioría, apuntaban aos dous pilotos. Falando con eles descubriron que a nave fora recollendo civís de naves sen FTL, e que logo fora atacada polos cylon, perecendo a meirande parte da tripulación. Para máis inri unha pequena flota pirata caera sobor deles e tiveran que acantonarse para sobrevivir. Superon logo que os piratas tiñan unha nave nun dos hangares, e Dice comunicoullo así a Milius, que rapidamente atacou e acabou con eles. A Leviathan foi desaloxada e canibalizada: o xefe Proctor encargouse de extraer e instalar na Galaica a antea da estrela de combate, así coma o FTL e demais material útil que, por desgraza, a inutilizada Leviathan xa non pecisaba.

Estaba partindo a última remesa de civís e rematándose a extracción de material cando a nave base coa que loitara a Leviathan, moi tocada e con graves danos, xurdeu da nebulosa. A fume de carozo os pilotos despegaron e Dice, como CAG, desplegounos a todos: a metade defenderían a estructura a Leviathan e da Galaica... o resto, ao ataque.

Dúcias de raiders e varios mísiles viñan de fronte a por eles.

14 de mar. de 2008

Who is Who in Patrolstar Galaica

Esta entrada variará dependendo das personaxes que vaian entrando na trama.










Sutton Hoo
Rango: Capitana (CAG da Patrolstar Galaica)
Piloto de víper.
Aka: DICE





David Webb
Rango: Tenente
Piloto de víper
Aka: AQUILES












Samuel Kilmer
Rango: Tenente
Piloto de víper
Aka: ICEMAN















Marneus Pireo
Rango: Coronel
Actual da PS Galaica
Aka: HAMMER















Jared Kalgar
Rango: Maior
Segundo ao Mando da PS Galaica
Aka: RAVEN






Shawn Proctor
Rango: Tenente
Xefe de Especialistas da PS Galaica
Aka: EFAISTOS















Seth Klondike
Rango: Capitán
CAG da BS Troya
Aka: PARIS





Sarah Klondike
Rango: Oficial Médico
Segunda Médico na BS Troya
Aka: KASANDRA












Adrien Zeldor
Rango: Tenente
Táctico da Patrolstar Galaica.
Aka: Sen alcume








John Amarak
Rango: civil
Doutor en Bioloxía, Química e Física Aplicada.
Aka: Sen alcume

15 de jan. de 2008

Patrolstar Galaica 1x04

Despois dunha dura xornada en Picon, os tres compañeiros tiveron permiso para descansar unha noite enteira. Ao acordar, almorzaron os tres xuntos en relativo silencio. Non había puntos de unión nin de moita confianza entre eles.
Cedo pola mañán Iceman foi a adestrar un rato e Dice foi falar con Pireo e Kalgar ao CIC. Pola súa banda, Webb foi a facer trasnadas ao hangar.
Logo tiveron a reunión no briefing de pilotos onde a CAG (Dice) estableceu quendas de garda, estratexias para levalas a cabo e fixo un pequeno resumo das tácticas que atoparan durante o ataque sufrido na órbita de Picon, sen entrar para nada no ocorrido unha vez na superficie. Sorprendeu a todos que, un cuarto de hora despois de comezar a reunión entrou nada menos que o capitán Seth Klondike, Paris. Dice presentouno e logo convidouno a quedar. Paris confirmou que o coronel o instara a unirse ao grupo de pilotos namentres non atoparan á Battlestar Troya, onde Paris era CAG.
Ao rematar a reunión, Webb non quixo saber nada e marchou en dirección ao ximnasio. O simple feito de ver a Paris lle revolvía o estómago. Dice saíu en dirección ao CIC e Iceman quedou charlando amigablemente con Paris, poñéndose un pouco ao día sobre todo ocorrido coas Colonias e coa escasa información que tiñan. Ao final resolveron ir a adestrar un chisco ao ximasio.

Webb, cos seus pensamentos, case bateu contra alguén nos corredores: era Sarah Klondike. "Desculpa", dixo Webb tentando safar da situación. "Ah, ola", respostou a rapaza, "Aínda non che dera as gracias polo rescate en Picon", dixo.
Webb tiña a mirada algo cruzada... A rapaza seguíu falando... "Eu xa te vira antes... nun acto na Battlestar Troya". Webb mirouna: debía ter sobre 25 anos. Moitos recordos da Troya tamén viñeron á súa mente, pero ela non aparecía por ningures. Non lle sonaban nin esa media melena negra nin eses ollos avelás, nin esa cara de nena inocente. Non se parecía anda ao seu irmán.
"Pois si, xa me fixara en ti" dixo. Ruborizouse e rectificou axiña "quero dicir que xa te vira, vamos". A Webb non lle facía nin chisco de gracia pensar na posibilidade de que Paris o vira polos corredores da Galaica coa súa irmá. E así llo expresou: quizáis non era o mellor que tiveran trato. A rapaza puxo cara de sopresa e indignación: tan só precisaba indicacións para moverse pola nave, e xa se arranxaría. Webb sorríu polo baixo e lle preguntou se precisaba ir a algures en especial. A conversación rematou indo os dous en dirección ao ximnasio.

Dice falou co coronel Pireo e co maior Kalgar sobre o corpo do neno (o profesor Amarak descubrira datos moi interesantes) e sobre os diferentes supervivintes de Picon. Pireo ordeoulle acudir a unha reunión no laboratorio onde afincaran a Amarak antes do xantar. Sen máis, retirouse e foi tamén ao ximnasio a adestrar.

Iceman e Paris adestraban no ximnasio cando Webb entrou. Falaron polo miúdo, pero de xeito que Webb sabía perfectamente de quen estaban a falar: del. Paris comentoulle a Iceman que xa traballara con Webb, e que era un insubordinado e un langrán... Mala xente, dos que non se precisan como compañeiro. Paris tamén lle aclarou que Webb culpábao da morte do seu home-ala cando servían na Battlestar Troya. Seica nunha misión complexa o compañeiro de Webb (de nome en clave Héctor) morrera abatido por piratas de Sagittarian. Ao voltar da misión Webb chegara incluso a agredir a Paris, o seu CAG nese momento.

Iceman comezaba a comprender a xenreira que se acumulaba no ambiente cando eses dous andaban perto.
Webb adestraba con tranquilidade, aquilo non o ía a afectar en absoluto.
Ao pouco entrou Sarah, a irmá de Paris. Falou un chisco con Iceman e co seu irmán, ao que convenceu de ir xantar. Cansado, decideu parar o adestramento. Iceman ríu para si, pero esa sensación de superioridade sobre outro ser humano duroulle pouco: Dice entrou no ximnasio coma unha apisonadora...
-Eh, Kilmer! Partímonos a cara un pouco no ring?- dixo. Iceman asentíu.

O combate foi curto e desigual. Iceman levou un bo lote de puñetazos por cara e torso. Dice paraba ou safaba os seus puñetazos coma se fose unha bolboreta que picaba coma unha abella. Ao cabo o combate xa non tiña sentido e, para Iceman, o tono de chanza de Dice tampouco. "Xa estás canso?... Decepcióname, tenente... A ver, "home de xeo", xa non podes?". Iceman considerou mellor parar. Botando unha ollada á nova CAG sentíuse moi mal por ter unha superior que actuaba dese xeito. E sentíu unha semente xermolar no seu interior: odio.

Despois do adestramento Dice foi ao laboratorio para falar con Pireo, Kalgar e Amarak. Alí descubreu que a autopsia do neno morto en Picon dera como resultado que o propio neno era un cyborg: endoesquelete de metal baixo pel viva.

Os cylons tiñan un medio para se infiltrar entre os humanos.

O xantar foi do máis tranquilo, pero á tarde xurdeu unha alerta DRaDis. Como Dice e Iceman eran os pilotos de garda tiveron que deixar a sobremesa que tiñan montada e saír por patas en dirección aos víper. Por fortuna para Webb, el non tiña garda e aínda porriba se lles xuntara Sarah Klondike para xantar. Quería aproveitar a oportunidade para estar só con ela.

Os víper de Dice e Iceman saíron a toda velocidade en dirección ao contacto DRadis: unha nave colonial de pasaxeiros: a Hades. Parecía lixeiramente danada por impactos, pero as lecturas indicaban que o dano real viña dun fallo no reactor nuclear da nave.

Sarah falaba de xeito locuaz, e a Webb lle parecía graciosa, pero el non daba o brazo a torcer e non deixaba a súa pose de tío duro. Claude Sanders, o supervivinte civil de Picon, estaba nunha mesa un pouco máis alá. Webb consideraba que estaba a soas con Sarah, pois Sanders non daba mostras de estar vivo alén do movemento lento e meticuloso que facía cada vez que pasaba unha das páxinas do seu libro sobre relixión.

Iceman víu que o motor principal tiña unha fuga importante de radiación e que iso provocaría a morte dos pasaxeiros. Facendo unha pasada a curta distancia víu a varios deles mortos flotando no interior da nave. Nun movemento moi preciso de aproximación fixouse nos pilotos, sentados aínda nos seus asentos: mortos.
"Un intre...", pensou. Os dous pilotos tiñan a cabeza destrozada a balazos. Un terceiro home flotaba entre os dous pilotos. Tiña unha pistola na man e o seu aspecto... ese corpo... "Oh, deuses de Kóbol" pensou Iceman, "É igual a...".

Claude Sanders ergueuse. Pousou o libro na mesa onde comera e sacou unha chave inglesa da súa chaqueta. Sarah non reparaba nel porque estaba a falar con Webb, pero este mirou cara el con curiosidade. Sanders camiñaba cara eles lenta pero inexorablemente, con xesto e intención de agredilos. Webb fixo que Sarah se erguera e a fixo recuar con el até as liteiras dos pilotos, na sala contigua ao comedor.

-Atrás -dixo Webb. Pero Sanders, cun estrano sorriso, seguía camiñando.
-Cree vostede nas escrituras, Webb? -preguntou Sanders - Deus ten un plan para vostede.
Webb achegouse á súa taquilla e colleou a súa pistola reglamentaria, apuntando a Sanders ás pernas.
-Retroceda ou disparo -non era unha ameaza: era un feito. Sanders ergueu a chave inglesa e cargou contra el. Sarah berrou. Webb disparou e deulle no muslo. Claude Sanders caeu boca abaixo ao chan, perdendo a chave. Webb apuntaba á súa cabeza mentres o home reptaba cara el.

-Ten coidado co teu punto feble, Aquiles -foron as derradeiras palabras de Sanders, mentres tocaba o talón de Webb e se desangraba por un disparo limpo na femoral.

Dice e Iceman abriron fogo baixo ordes de Pireo e destruíron a nave, e logo volveron á Galaica.

Pireo e Kalgar reuniron a Iceman, Webb e Dice nunha reunión informal no camarote do coronel. Tamén estaba Amarak. Decidiron que o mellor era ocultar a información da posibilidade de que os cylons atoparan un xeito de clonación de humanos, ou de que os cylon forsen humanos. Aqueles con endoesquelete de metal podían ser perfectamente detectables, pero xente coma "Claude Sanders" era un perigo: humanos clonados e con modificación de contucta? Cylons orgánicos ao 100%? Que eran?