14 de abr. de 2008

Patrolstar Galaica 1x06

Dice ordeou inmediatamente que os víper se dividiran: a metade cubriría á Leviathan (na que aínda había civiles e persoal de cuberta de Proctor) e a outra metade atacaría.
boomp3.com
Os mísiles zumbaban arredor das dúas naves coloniais, e os dous grupos de víper tiñan o choio acumulado. Iceman, nun movemento pouco afortunado, púxose case de fronte a un deses malditos raiders cylon, e por pouco foi derrubado. Só a pericia de David Webb o salvaría nesta ocasión: "Aquiles" Webb derrubou a dous raiders no seu camiño e ao que tiña copado a Iceman. De tódolos xeitos este non llo agradeceu.
Os raiders que viñan foron aniquilados, e Kalgar estaba xa ordeando a Dice que se lanzara contra a nave base. Foi entón cando o coronel Pireo ordeou deter o ataque. Dice non comprendía: tiñan a unha nave base cylon á súa mercede e non atacaban... por que? Estaba tentando fuxir e nada indicaba que o seu FTL estiveran tan danado como para non saltar... había que aproveitar esa situación para darlle unha lección ás torradoras. Ao parecer Pireo quería estudiala. Dice non acatou a orde e lanzou o ataque total: ordeou a tódolos víper que usaran os mísiles. Webb lanzou os seus, así coma outros compañeiros. Iceman non.

O ataque foi masivo e destructivo. Os poucos raiders que quedaban saltaron, e a nave base tamén saltou, pero en mil anacos. Pireo deu de inmediato a orde de cesar a Dice do seu cargo de CAG. De toda a merda dese día o único salvable foi a labor de Proctor e o seu equipo de cuberta destripando á BSG Leviathán e repoñendo pezas para a Galaica.

Cando volveron todos á Galaica Kalgar conseguira que Pireo non presentase cargos contra Dice. Unha hora despois, na sala de pilotos, presentaban a Seth Klondike "Paris" coma novo CAG. Era incrible. Iceman estaba desquiciado... non tiña nada contra Paris, pero era de outra nave e non era xusto este ascenso. E aínda porriba había que escoitarlle as tonterías que dicía sobre o mando. Aquiles volveu a ter esa sensación de ser o top gun da BSG Troia e que lle falaran coma se fose un neno que ten dificultades para ir en triciclo. Moitos recordos o asulagaron alí sentado, na última fila xunto cunha Dice que respiraba aliviada por deixar o cargo de CAG. Cando Paris deixou de dicir sandeces, Kalgar se achegou a Dice e a Webb, expresándolles a súa inquedanza. Non era normal que alguén de fóra asumise ese cargo. Non estaba dacordo con Pireo. Nin nisto nin noutras cousas ultimamente. Aquiles quería dimitir, pero Kalgar pregóulle máis tempo. Necesitaba apoios e consideraba a Webb un deles.

Horas despois Dice repartía cartas xunto a Peakman, Sarah Klondike e Webb. Dice estaba coma se lle quitasen cen quilos de enriba coa perda do cargo e do rango (volvía a ser tenente). Entrou "Iceman" Kilmer no medio da partida despois dunha dura sesión de adestramento. Iceman queixárase a Kalgar sobre o ascenso de Dice no seu momento, e agora viña de quixarse polo ascenso de Paris. El facíao todo segundo o manual e non estaba vendo resultados. O seu enfado era patente.

Dice non puido evitalo e meteuse con el, sabendo as palabras que poderían ferilo: rango, honor, recoñecemento. Sen poder evitalo Iceman estourou, lanzando puños contra Dice e lanzándoa ao chan. Webb tentou contelo, pero tamén acabou no chan despois de que Iceman fintara o seu agarre e o proxectara contra a mesa de xogo. Dice e Iceman comezaron entón unha sesión de boxeo moi diferente á que tiveran só un par de días antes. Pero esta vez Iceman non deu cuartel e impresionaba a furia, rabia e xenreira que alguén en teoría tan tranquilo podía amosar.

Foi entón cando as luces vermellas se encenderon por todo ao redor: "condición un en toda a nave: isto non é un simulacro"... a voz do tenente Zeldor soaba clara dende a megafonía. Os cylons de novo. A liorta quedou en táboas, e todos os pilotos correron aos tubos. Dice tragou sangue, Webb corría a duras penas e a mandíbula de Iceman facía ruído cando a pechaba, pero agora había outras prioridades.

Non lles deron tempo nin a atacar. Antes de que se puideran achegar de máis, a nave saltou saíndo do alcance dos cylons. Deixaron as naves e volveron a rematar o que empezaran. En pouco máis de media hora estaban de novo chegando á sala de guardia cando de novo sonou a alarma. Correndo outra vez puxéronse en alerta, cubrindo á Galaica cos víper.
A Galaica saltou de novo. Pero tamén de novo, en pouco máis de media hora, os cylons apareceron outra vez. E logo outra. E outra. E outra.

E sempre cada 33 minutos.



PS: Este vídeo vai para o Mosqueteiro ;)



3 de abr. de 2008

Patrolstar Galaica 1x05

Cylons con aspecto humano. Esa posibilidade era terrible de imaxinar.

A Galaica estaba en ruta a Ragnar cando de súpeto saltou o DRaDis: aí fóra había unha nave con transpondedor colonial.
Resultou ser a Battlestar Leviathan, moi danada por múltiples impactos, metida dentro dunha pequena nebulosa, que nin respostaba ás chamadas nin daba mostras de ter enerxía dabondo para se mover.
Dice, Webb e Iceman saíron nos vípers xunto con outros pilotos, entre eles Peakman e Hustler a botar unha ollada. Pireo mandou tamén un para de ráptors con marines para explorar a nave.

Unha vez dentro Dice e Milius (o capitán dos marines) discutiron sobre o plan a seguir: Dice pretendía chegar ao CIC, pero Milius non opinaba o mesmo, e se negou a aceptar as ordes da CAG. Deste xeito dividiron o grupo e os marines foron xunto con Milius e Webb, Iceman, Peakman e Dice foron pola súa conta. Durante toda a exploración da nave non atoparon nin un só cadáver.

Unha vez no CIC, Iceman comezou a analizar os ordenadores tentando atopar algún dato sobre o ocorrido. Namentres, Dice optou por ir ao camarote do comandante na procura do diario de bitácora. Webb iría con ela. Iceman quedou con Peakman no CIC, vendo que os ordenadores tiñan algún tipo de bloqueo interno, e comezou a traballar niso.
Avanzaron por varias cubertas até que o final escoitaron voces dentro dun almacén: eran homes vestidos coma paramilitares. Escoitanto descubriron que estes tres homes estaban a bloquear os ordenadores (un deles tiña un terminal) e que, ao parecer, eran piratas de Tauron. A Webb ardíanlle as veas... Héctor, o seu home-ala, morrera por culpa deles. Deles e de Seth "Paris" Klondike. Dice ordeou disparar e acabaron con eles sen problema.
Iceman obtivo acceso ao ordenador de abordo e comezou a baixar datos, entre os que atopou un sistema de xestión moi interesante, así como información sobre unha terrible batalla entre a Leviathan e unha nave base cylon, que case se resolve coa destrución mutua.
Ao cabo, Dice e Webb chegaron a un mamparo, o mamparo que daba á zona da enfermería, Soporte Vital e a Control de Danos. Era a zona máis segura e valía como bastión se a nave se perdía e era invadida.
Webb e Dice escoitaron ruido tras do mamparo, e petaron nel usando un código militar: "Iso dicimos todos". Do outro lado respostaron, e abriron o mamparo: xente armada, civís na maioría, apuntaban aos dous pilotos. Falando con eles descubriron que a nave fora recollendo civís de naves sen FTL, e que logo fora atacada polos cylon, perecendo a meirande parte da tripulación. Para máis inri unha pequena flota pirata caera sobor deles e tiveran que acantonarse para sobrevivir. Superon logo que os piratas tiñan unha nave nun dos hangares, e Dice comunicoullo así a Milius, que rapidamente atacou e acabou con eles. A Leviathan foi desaloxada e canibalizada: o xefe Proctor encargouse de extraer e instalar na Galaica a antea da estrela de combate, así coma o FTL e demais material útil que, por desgraza, a inutilizada Leviathan xa non pecisaba.

Estaba partindo a última remesa de civís e rematándose a extracción de material cando a nave base coa que loitara a Leviathan, moi tocada e con graves danos, xurdeu da nebulosa. A fume de carozo os pilotos despegaron e Dice, como CAG, desplegounos a todos: a metade defenderían a estructura a Leviathan e da Galaica... o resto, ao ataque.

Dúcias de raiders e varios mísiles viñan de fronte a por eles.