A mecánico foi de inestimable utilidade para reparar as pantallas da nave, así como para arranxar o hiperimpulsor, que resultou estar saboteado. Isto fixo a Juno, a mecánico, lembrar como foi que rematou nesta nave: un flashback de cando a súa familia foi traizoada por un empregado do seu taller. A piques de que o seu irmán pequeno gañara o campionato de vaíñas en Tatooine, Jabba considerou oportuno manipular os resultados para o seu beneficio... pero non contaba coa constancia dunha familia que loitaría até a fin. Despois de matar ao traidor e de descubrir que era un home dos Hutt, Juno foi perseguida pola "autoridade" policial, ocultándose tras identidades falsas e rematando como limpa-aceites nunha corveta coreliana da república en Coruscant.
De volta na nave, descubriron que a sabotaxe fora debida a un mecánico que non lembraba nada, pero que sabía no seu interior que algo tiña que ver... Pode ser que alguén familiarizado no uso da Forza ande detrás da sabotaxe? Pero na nave só están Shergath H'aoul e os seus dous padawan!
3 comentários:
Disculpe vostede, pero a palabra ''mecánica'' tamén existe...Respéteme vostede máster...
Molou mogollón o flashback...A ver como continúa hoxe á cousa, de regreso ao duro presente e con xentiña ''acechando'' ao meu carón...
Problemas con las granadas? Si las granadas son la solución a todos los problemas...
Postar um comentário